Participantes
Poderán participar estudantes inscritos a calquera centro educativo cuxo grao escolar corresponda a unha idade entre os 11 e 18 anos (6º a 12º).
Os estudantes que elaboren os traballos deberán ser asesorados por un profesor pertencente á súa institución educativa.
Bases xerais de participación
Os traballos, para ser obxecto de selección para os campus, deberán ser de autoría individual ou coautoría en parellas.
Os traballos editaranse polo alumno, docente coordinador ou centro educativo no portal http://congresovirtual.climantica.org segundo as indicacións expresadas no apartado Frmato e tutoriales. Deben levar un título e unha sinopse, non superando o texto resultante os 300 caracteres con espazos. Debe figurar ademais o nome do centro educativo, a súa localidade co país entre paréntese e os niveis que cursan os autores. Se fosen dous autores de cursos diferentes, poñeríanse os dous, seguindo a orde no que asinan os autores. O mesmo farase cos nomes dos centros educativos, se fosen de centros educativos diferentes. Nese caso cada alumno debe haber un docente orientador en cada centro educativo.
Os estudantes que elaboren os traballos deberán ser asesorados por un profesor pertencente á súa institución educativa. O que non teña un docente orientador con custodia oficial idenficado perderá o dereito a participar no campus, de resultar seleccionado.
Os asesores dos traballos mellor valorados deberán enviar un correo a climantica@climantica.org, con copia ao correo corporativo dos seus centros educativos. As datas límites para enviar estes correos son, respectivamente:
- Venres 15 de febreiro do 2019 para os países latinoamericanos que empezan curso en setembro e que están interesados en participar no Campus de Costa Rica interesados en participar no Campus de Costa Rica.
- Domingo 28 de febreiro de 2019 para os países de América Latina que inician curso en febreiro e que están interesados en participar no Campus de Costa Rica.
- Venres 31 de maio de 2019, para os países de Europa e América Latina interesados en participar no Campus de Aveiro (Portugal).
Estes correos conterán a seguinte información:
- Nome completo do docente.
- Especialidade e niveis nos que exerce.
- Título, url do traballo publicado na plataforma, nome e apelidos dos seus alumnos.
- Datos do centro educativo ao que pertencen (nome, dirección postal, dirección de correo electrónico e teléfono con prefixo do país).
- Expresión do compromiso de acompañar e custodiar aos seus estudantes e de incorporarse ao seminario docente de investigación acción sobre o campus.
Os traballos deberán presentarse nalguna das siguientes categorías:
a. Artes visuais, dramáticas e narrativas
i. Debuxo
ii. Pintura (técnica libre)
iii. Póster ou cartel
iv. Fotografía
v. Cómic vi. Infografía
vii. Obra de teatro (presentar en vídeo)
viii. Relato
ix. Poesía
x. Minificción
xi. Conto
xii. Ensaio
b. Cinema e multimedia
i. Curtametraxe
ii. Documental
iii. Cineminuto
iv. Videoclip
v. Animación (dixital, stopmotion e outras) vi. Reportaxe vii. Presentación (plataformas como Power Point, Prezi, etc.)
viii. Vídeo musical
c. Materiais e tecnoloxía transferibles a produtos visuais web:
i. Modelos
ii. Esculturas fixas e dinámicas
iii. Robótica/mecánica
Os traballos deberán elaborarse a partir de, polo menos, un dos seguintes temas:
- Cambio climático
- Cambio global no océano
- Contaminación
- Conservación da biodiversidade xenética
- Ecosistemas tropicais e de latitudes medias medias en Europa e América
- Capital biocultural
- Recursos naturais
- Enerxía
- Auga
Para que os traballos sexan considerados candidatos a ser seleccionados para o Primeiro Campus Climántica Iberoamérica, deberán ser integrados á páxina web do congreso: http://congresovirtual.climantica.org, polos docentes, alumnos ou centros participantes antes das 23:59 horas, dos días, respectivamente:
- 15 de febreiro para os países latinoamericanos con inicio de curso en setembro, que teñen interese en participar no Campus de Costa Rica,
- 28 de febreiro de 2019 para os países latinoamericanos con inicio de curso en febreiro que teñen interese no Campus de Costa Rica e
- 31 de maio para os países de Europa e América Latina que teñen interese en participar no Campus de Aveiro.
En caso de dúbida, poñerse en contacto co comité organizador enviando un correo a climantica@climantica.org.
A valoración final e a selección non aseguran a participación no Campus Internacional; unicamente outorga o dereito aos solicitantes de participar neste.
O congreso virtual funcionará como plataforma de selección para a participación de alumnos no Primeiro Campus Climántica Iberoamérica, así como no Terceiro Campus Internacional Climántica en Fábrica, Centro de Ciencia Viva da Universidade de Aveiro. A valoración final dos traballos presentados componse da cualificación dun xurado internacional, a cal ten un valor do 75% da puntuación final, e das valoracións dos usuarios de Facebook, que ponderarán o 25% restante da puntuación final. O xurado internacional componse por expertos de Educación Ambiental, profesores, investigadores e divulgadores científicos.
Queda aberta a presente convocatoria a partir da súa publicación ata o 31 de maio para seleccionar os asistentes ao Campus de Aveiro, coas dúas valoracións, a de febreiro e a de marzo, para seleccionar aos alumnos latinoamericanos que representen no Campus de Costa Rica, respectivamente, aos países de América Latina que inicia curso en setembro e aos que inician curso en febreiro. A cota de alumnos europeos cubriuse polo proceso de selección CLMNTK18, debido á dificultade de organizar un viaxe criterios de selección e valoración do xurado.
Para a selección dos traballos darase prioridade á máxima representación territorial e de comunidades educativas participantes. Por iso non se outorgará un segundo lugar a unha mesma comunidade territorial se noutra existen traballos que cumpren os requisitos mínimos.
Os criterios de valoración que aplicará o xurado e que se recomendan para os usuarios que votan a través de Facebook son:
- Cumprimento das bases da convocatoria.
- Orixinalidade da proposta.
- Creatividade no seu desenvolvemento.
- Contar con información válida e confiable e calidade na elaboración.
- Capacidade de sensibilización en función do produto presentado e respecto ao tema elixido.
- Grao de madurez, en relación coa idade, na elaboración técnica.
- Capacidade de relación entre coñecementos diferentes e comprensión dos mesmos.
- Eficacia do produto multimedia na difusión e sensibilización a través do portal do congreso virtual.